lunes, 18 de mayo de 2020

CHEGAN OS MAIOS AO VILA DE RUTIS!!

Cando as últimas choivas de Abril desaparecen e chegan os primeiros raios do sol, a natureza estanos dando un sinal: comeza o novo ciclo natural, e iso para un pobo labrego coma o noso é un motivo de celebración. Así comezou hai miles de anos a festa dos maios en Galicia.

A proposta de hoxe é seguir mantendo viva a tradición dos maios a través da memoria dos maiores. 
Como estamos na casa, propoño facer un maio diferente.
Deixo un video do Concello de Narón, un pobo cerca de Ferrol, que con bonecos de playmobil explica como facer un maio.


Como é motivo de celebración e festa, os maios veñen acompañados de cántigas. Así que:

CANTAMOS OS MAIOS con HABELAS HAINAS


Con esta canción propoño varias actividades que podedes facer despois de construir o voso maio.

Aprender un dos RITMOS tradicionais dos Maios con dous pauciños de madeira que haxa pola casa.
           TA-TITI-TA-TA

Cantar/tocar/danzar unha versión do maio de Habelas Hainas acompañado: 

*Con pequena percusión (pauciños madeira, axóuxeres, instrumentos varios construídos con material de refugallo…)
*Creando xestos (danza expresiva-falada) para cada unha das accións e nomes máis significativos interpretando a letra.
Pra facer os maios
Temos que coller
Un feixe de flores
E algo que dizer

No hay comentarios:

Publicar un comentario